i+d=pumpún

Pumpún Dixital. Marqués de Valadares, 14, 5º Ofic 10. APP DEV. Desenvolvemos aplicacións para o ollo e o oído I+D+i PLUS.

2*Touch Lois Pereiro

Un traballo encargado por Ouvirmos.com deunos a oportunidade de construir un interface multimedia para coñecer a obra do escritor galego Lois Pereiro, a quen adica este ano o Día das Letras Galegas. O interface está composto por 2 elementos:

*Unha PANTALLA TÁCTIL de gran tamaño flotando horizontalmente sobre unha caixa negra

*Un MURO VERTICAL de 2×3.5 metros sobre o que se desprega unha liña de tempo da súa vida e obra incluíndo pequenas pantallas incrustadas (marcos dixitais).

Estase estes días programando o interactivo, que correrá nun monitor de 46″ ELO 2Touch cun ordenador incrustado (sin ventiladores), o monitor utiliza unha tecnoloxía basada en son : “Acoustic Pulse Recognition”.

Vaise traballar sobre un Celeron de dobre núcleo con tan só 1gb de ram, suficinte para mover un navegador como Opera 11 ou Chrome 11 dev cunha aplicación programada enteiramente en HTML5 (Canvas) incluíndo jQuery, CSS3 e posiblemente Jsonp. Nuns días publicamos máis detalles do proceso.

VER OS DETALLES DO PROXECTO

This entry was written by chiu longina, posted on 22 Febreiro, 2011 at 12:35, filed under Blog, Hardware and tagged , , , , , , . Leave a comment or view the discussion at the permalink.